O Produtor Executivo

Alberte Román

Desenvolve o seu traballo na produción de contidos no ámbito cultural e ambiental. Recentemente cursou o máster en desenvolvemento de contidos audiovisuais da Universidade de Vigo. Acredita ampla experiencia na coordinación e produción de materiais divulgativos, exposicións e traballos audiovisuais nos que destaca a produción e guión do documental “A pegada na terra. Pegada ecolóxica na comarca de Redondela» producido para o concello de Redondela.