O Director de Fotografía

Iván Castiñeiras

En 2008 licenciouse no Conservatório Nacional de Cinema de Portugal (E.S.T.C.) na especialidade de Fotografía Cinematográfica. No 2009 realizou o master en Fotografía Cinematográfica na Escola Superior de Cinema i Audiovisuals de Catalunya (E.S.C.A.C.).
A súa carreira na dirección fotográfica inclúe, entre outros, os filmes «Cette mélodie qui vient de loin» de Miguel Cabral, «La fin du monde» dirixido por Sergi Cámeron, Salvador Sunyer, Ventura Durall e «Conquering L.A.» dirixido por Salvador Sunyer.
Como director dirixiu a curtametraxe «A Raia», seleccionada no Festival Internacional DocLisboa 2012 e no 67th Edinburgh International Film Festival, onde recibiu a mención especial «holds great promise for the future.».