A Produtora

Trespés

Trespés é unha cooperativa de recente criación. Facemos parte dela, Tania Martínez, Paulo Jablonski e Alberte Román. Somos unha equipa multidisciplinar con ampla experiencia na materialización de ideas. Manexamos a versatilidade como ferramenta. Modelamos coa imaxinación. Construímos coa criatividade.

Ofrecemos unha visión integral e multidisciplinar baseada nunha ampla experiencia nos sectores social, cultural e ambiental. Combinamos e complementamos diferentes ámbitos de traballo aplicando unha perspectiva cualitativa e fomentando a participación cidadá mediante metodoloxías flexíbeis a cada contexto.