O noso compromiso co veciñal

Desde a produtora queremos que o compromiso deste proxecto cos montes veciñais en mancomún vaia mais alá da realización do documental, por iso propuxémonos realizar un proxecto-intervención nun monte veciñal.

Desde xeito, comprometémonos a desenvolver, no marco deste proxecto, unha actuación ambiental en colaboración  coas  propias comunidades de montes. Nesta acción, trataríamos de realizar melloras no entorno próximo, principalmente mediante unha repoboación, utilizando especies autóctonas para tal fin.