A Directora

Diana Toucedo Crespo

Diana Toucedo é unha cineasta residente en Barcelona. Estudou o Grao de cinema na escola ESCAC na especialidade de montaxe e o Máster de teoría cinematográfica contemporánea na Universidade Pompeu Fabra.
O seu traballo máis recoñecido ata agora é a longametraxe documental que editou co director catalán Isaki Lacuesta, La noche que no acaba (All the night long), producido pola canle TCM. Presentado no Festival de Cine de San Sebastián no 2010 foi premiado en varios festivais internacionais. Tamén editou O quinto evanxeo de Gaspar Hauser (The fifth gospel of Kaspar Hauser), unha longametraxe de Alberto Gracia e producida por Zeitun films, recentemente galardoada co Fipresci no Festival de Cine de Rotterdam 2013. A última produción que editou é a longametraxe Bugarach de Nanouk Films en coprodución con Filmtank (Alemaña), WDR e Channel4.
Como directora realizou varias curtametraxes documentais e experimentais mostradas en festivais de cine e centros artísticos. Actualmente dirixe a súa primeira longametraxe, Trinta lumes, co apoio de AGADIC. Tamén é docente no Postgrao de montaxe audiovisual no iDEC/Universidade Pompeu Fabra, no Máster en teoría e práctica do documental creativo da Universidade Autónoma de Barcelona e na ESCAC (UB).