Técnico de Son

Ricardo Román Losada

Cursou estudos de técnico de son de grao superior no Instituto de Audiovisuais de Vigo. Desde entón desenvolveu a súa carreira profesional no mundo do audiovisual, principalmente. Como técnico de son participou en documentais como “A vida nas mans” ou no proxecto audiovisual “A pegada na terra», documental centrado na crise ambiental que vive o planeta. Desde hai algúns anos desenvolve a súa actividade en Catalunya, colaborando e traballando como técnico de son en múltiples proxectos audiovisuais desenvolvidos na ESCAC (Escola Superior de Cinema e Audiovisuais de Catalunya).